Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro do 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba a modificación do proxecto de execución e se lle autoriza a Enagás, S.A. a instalación do ramal Pontevedra-Ourense; addenda II, nos termos municipais do Carballiño e Maside.

Vistos os escritos e a documentación presentados pola empresa Enagás, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 12 de marzo do 1993, a Consellería de Industria e Comercio outorgoulle a

Enagás, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos concellos de Pontevedra, Pontecaldelas, Cotobade, A Lama, Avión, Boborás, O Carballiño, Maside, Punxín e Amoeiro.

Segundo.-Con data do 16 de outubro do 1995, esta Dirección Xeral de Industria aprobou o proxecto de execución e autorizou as instalacións recollidas no proxecto do ramal Pontevedra-Ourense.

Terceiro.-Con data do 3 de xullo do 1997, a referida empresa solicitou, ó abeiro do establecido na Lei 10/1997, do 15 de xuño, no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles e para os efectos previstos no seu artigo 20 en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, a aprobación da modificación ó proxecto da execución do ramal Pontevedra-Ourense, addenda II, e a autorización das instalacións descritas nel, acompañando á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado pola orde do Ministerio de Industria, do 18 de novembro do 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía, do 26 de outubro do 1983, do 6 do xullo de 1984 e 9 do marzo do 1994.

As características técnicas básicas das instalacións serán as seguintes:

-Cambio de localización da posición I-022-3 situada no termo municipal do Carballiño, trasladándoa 846 metros cara ó leste e ampliándose a súa superficie de 25x25 m a 30x40 m para unha futura estación de regulación e medida.

-Cambio da liña eléctrica de subministración de enerxía en baixa tensión con comezo e conexión no transformador de Unión Fenosa existente no termo municipal de Maside, cunha lonxitude de 987 metros sendo a potencia de consumo que se vai transportar de 5 kw.

O orzamento das obras ascende a 1.580.825 ptas.

Cuarto.-Por resolución desta Dirección Xeral de Industria do 15 de xullo do 1997, someteuse a información pública a referida addenda ó proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, publicada no Diario Oficial do Galicia, do 14 do agosto do 1997, no BOP de Ourense, do 12 de agosto do 1997, no xornal La Región, do 7 de agosto do 1997, en extracto no BOE do 25 de setembro do 1997 e foi exposto igualmente no taboleiro de anuncios dos concellos de Maside e O Carballiño e na delegación provincial de Ourense, sin que se presentase no período legalmente establecido para isto, ningunha alegación.

Quinto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Ourense.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no

Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro y o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación coa citada Lei 10/1987, do 15 de xuño, cos Decretos 2913/1973, do 9 de decembro e 1775/1967, do 22 de xuño, en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 6 de maio do 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón de materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento.

Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria, do 18 de novembro do 1974.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas.

RESOLVE:

-Outorgarlle a Enagás, S.A. a autorización administrativa e a aprobación da modificación ó proxecto de execución das instalacións que se recollen na addenda II ó proxecto do ramal Pontevedra-Ourense, reflectidas no apartado terceiro dos antecedentes, correspondentes ós concellos do Carballiño e Maside conforme as condicións establecidas na citada Resolución, do 16 de outubro do 1995.

Contra a presente resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación ou notificación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 2 de decembro do 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

255