Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/379-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. a C.T. Asperelo.

Situación: Rodeiro.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 263 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 34 da L.M.T. ó C.T. actual Asperelo ata o apoio 37 da mesma liña, concello de Rodeiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 1 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

10251