Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 709

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (65/1997).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado no xuízo verbal de faltas número 65/1997, que se seguen por furto, cítase a Francisco Javier Sánchez Furelos para que o vindeiro día 6 de marzo de 1998, ás 12.15 horas, compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, con obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que, se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de o facer, poderá ser multado conforme a lei e recaeren sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito; pode, se é parte, ser asistido por avogado e deberá acudir ó xuízo coas probas das que intente valerse.

E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Francisco Javier Sánchez Furelos, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

98-6709