Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 708

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (224/1997).

En Santiago de Compostela o 29 de decembro de 1997, eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que con data do 3 de outubro de 1997 se dictou sentencia no xuízo de faltas nº 224/1997, seguido por substracción, que se denunciou que acontecera o día 25-7-1997 en Santiago de Compostela, e a súa parte dispositiva é a seguinte:

Que debo absolver e absolvo a Antonio Abilio Teixeira Alves e a Armando Teixeira da Silva, da falta que se lles imputa, con declaración das custas de oficio. Devólvase a carteira ocupada a través do Consulado de Portugal.

E así o fago constar e expido a presente cédula para a súa notificación ós denunciados Antonio Abilio Teixeira Alves e Armando Teixeira da Silva, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, e instrúoos de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días ante este xulgado, consonte o disposto nos artigos 976, 795 e 796 LACR.

Rubricado

275