Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Cibeles, S.A., sita na rúa Concepción Arenal, 10, da Coruña.

Visto o expediente instruído por instancia de José Herranz Redondo, na súa calidade de conselleiro delegado da entidade mercantil Viajes Cibeles, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na Coruña, r/ Concepción Arenal, 10, da axencia de viaxes Viajes Cibeles, S.A., co código identificativo CIC MA 298, que ten a súa casa central en Madrid, na r/ Ayala, 146.

Resultando que o interesado, xunto coa solicitude, presentou toda a documentación a que fai referencia

o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

Resolve autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Cibeles, S.A., sita en Madrid, na rúa Ayala, 146, da que é titular a entidade mercantil Viajes Cibeles, S.A., a apertura dun novo establecemento na Coruña, na rúa Concepción Arenal, 10, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

258