Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 694

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 24/1998, do 22 de xaneiro, polo que se nomean os vocais da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

Establecida por Decreto 483/1997, do 26 de decembro, a nova composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, e para dar cumprimento á Lei 12/1993, do 29 de

xullo, de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, que no seu artigo 11.1º crea a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia como órgano encargado da planificación, elaboración, coordinación e seguimento do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, procede nomea-los vocais que compoñen a citada comisión, de conformidade co disposto no artigo único, apartado 3º, do Decreto 483/1997.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Admininistración Pública, en uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear, de acordo co disposto no artigo único, apartado 3º do Decreto 483/1997, do 26 de decembro, vocais da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia a:

-Juan Rodríguez Yuste, secretario xeral para as Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

-José María Matías Fernández, director xeral de Organización e Sistemas Informáticos, en representación da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-José Antonio Campo Andión, director do Instituto Galego de Estatística, en representación da Consellería de Economía e Facenda.

-José Antonio Redondo López, director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-José Eduardo López Pereira, director xeral de Universidades, en representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-José Manuel González González, director xeral de Programas Industriais e de Infraestructuras Tecnolóxicas, en representación da Consellería de Industria e Comercio.

-José Mariano Pérez Fernández, director xeral de Desenvolvemento Rural, en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.-José Manuel Soto Vázquez, director xeral de Comunicación Social e Audiovisual, en representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-Francisco López Rois, director xeral da División de Asistencia Sanitaria, en representación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Joaquín Mariño Cadarso, director xeral de Formación Pesqueira e Investigación, en representación da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-María José Cimadevila Cea, directora xeral de Relacións Laborais, en representación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-José Jaime López Cossío, director xeral de Formación e Colocación, en representación da Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.

-Juan Casares Long, director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, en representación da Consellería de Medio Ambiente.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, a vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

312