Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 694

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 23/1998, do 22 de xaneiro, polo que se nomea un membro do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

A Lei 12/1993, do 29 de xullo, de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, crea, no artigo 14, o Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

O Decreto 14/1998, do 15 de xaneiro, establece a nova composición do consello asesor co fin de adaptalo á nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 347/1997, do 9 de decembro, así como polo Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, en uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Nomear a Miguel Ángel Ríos Fernández vocal do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

633