Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 693

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 22/1998, do 22 de xaneiro, polo que se dispón o cesamento dos membros da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, crea, no artigo 11.1º, a Comisión Interde-

partamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, como órgano encargado da planificación, elaboración, coordinación e seguimento do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Ó abeiro do apartado 2º do artigo 11 da Lei 12/1993, o Decreto 137/1995, do 10 de maio, establece a composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

O Decreto 483/1997, do 26 de decembro, establece a nova composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga) co fin de adaptala á nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 347/1997, do 9 de decembro, e polo Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, entre os que figura a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Cómpre, pois, proceder ó cesamento dos membros da citada comisión para, con posterioridade, acomete-lo nomeamento dos seus membros de conformidade coa súa nova composición.

Por todo iso, e por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galica, na súa reunión do día vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cesen os seguintes membros da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, agradecéndolle-los servicios prestados:

-Vicepresidente:

-Celso Currás Fernández.

-Vocais:

-José Manuel Touriñán López.

-José María Matías Fernández.

-José Antonio Campo Andión.

-José Antonio Redondo López.

-Joaquín del Moral Crespo.

-Ángel Ligero Fraile de Tejada.

-Xosé Manuel Soto Vázquez.

-Jaime Jesús Torres Rey.

-Ana Gallego Castro.

-Juan Pedrosa Vicente.

-Javier Batán Rodríguez.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

659