A Lei 12/1993, do 29 de xullo, de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, crea, no artigo 14, o Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.
O Decreto 14/1998, do 15 de xaneiro, establece a nova composición do consello asesor co fin de adaptalo á nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 347/1997, do 9 de decembro, así como polo Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, en uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito,
DISPOÑO:
Que cese José Manuel Touriñán López como vocal do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, agradecéndolle os servicios prestados.
Disposición derradeira
O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
634