Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 695

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 13 de xaneiro de 1998 pola que se fai pública a resolución definitiva da convocatoria de axudas con cargo ó fondo de investigación de Galicia sobre drogodependencias para 1997.

Mediante a Orde do 24 de abril de 1997 (DOG nº 97, do 22 de maio), a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais creaba o Fondo de Investigación de Galicia sobre Drogodependencias (en adiante Figad) e establecía as normas reguladoras das convocatorias que, anualmente, se prevén establecer de axudas económicas para financiar proxectos de investigación científica no eido das drogodependencias.

Atendendo á súa disposición transitoria primeira, a Orde do 24 de abril de 1997 establecía, para o ano 1997, a primeira convocatoria de axudas económicas con cargo ó Figad.

En cumprimento dos apartados terceiro e cuarto do artigo 10 da mencionada orde, o pasado 19 de novembro publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 4 de novembro de 1997 pola que se facía pública a resolución provisional da convocatoria de axudas con cargo ó Figad para 1997, e se cumpría co pertinente trámite de establecer un prazo de reclamacións dos interesados contra a dita resolución provisional.

Resolto este último trámite de reclamacións, cómpre agora darlle cumprimento ó disposto polo artigo 10.5º da Orde do 24 de abril de 1997 e, de acordo co mencionado anteriormente, facer pública unha resolución definitiva desta convocatoria.

Na súa virtude, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a resolución definitiva da convocatoria, para 1997, de axudas económicas con cargo ó Fondo de Investigación de Galicia sobre Drogodependencias (Figad), de conformidade co artigo 10.5º da Orde do 24 de abril de 1997.

Segundo.-Unha vez resolto o trámite de reclamacións á resolución provisional publicada mediante Resolución do 4 de novembro do presente ano, tendo en conta o resultado deste, e de acordo coa valoración feita polo xurado avaliador destas axudas, resólvese declarar deserta a convocatoria para 1997 ó quedaren desestimadas tódalas solicitudes presentadas.

Terceiro.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, de acordo cos artigos 109 d) da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 10.5º da Orde de 24 de abril de 1997, pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de acordo co disposto no artigo 74 da Lei de demarcación e planta xudicial, no prazo de dous meses contados a partir da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o artigo 58 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956 ou exercer calquera outro que se considere pertinente.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1998.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

10395