Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 1998 Páx. 686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 14 de novembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle das vixentes normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal, promovido por José Manuel Pose García e redactado polo arquitecto Luis Collarte Rodríguez, para ordena-lo volume no soar situado na Avda. Caión, Catuxa, Arteixo.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da data da publicación do presente anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren convenientes.

Arteixo, 16 de decembro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

552