Convócase a concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, os honorarios de direc
ción facultativa arquitecto/a técnico/a-aparellador/a da obra devandita no campus de Esteiro-Ferrol.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: cinco millóns cento trece mil catrocentas tres pesetas (5.113.403).
Garantía provisional: non se esixe.
Clasificación: non se esixe.
A Coruña, 19 de xaneiro de 1998.
P.D. (Resolución 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Rector da Universidade da Coruña
515