Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 1998 Páx. 686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia o concurso público 1/1998, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración da moblaxe nos laboratorios da facultade de ciencias. (Expediente 1001/98-3 lotes).

Convócase a concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de diversa moblaxe para os laboratorios da facultade de ciencias.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministración por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación:

-Lote 1: doce millóns cincocentas cincuenta mil pesetas (12.550.000).

-Lote 2: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000).

-Lote 3: catro millóns seiscentas mil pesetas (4.600.000).

Garantía provisional:

-Lote 1: duascentas cincuenta e unha mil pesetas (251.000).

-Lote 2: cincocentas mil pesetas (500.000).

-Lote 3: noventa e dúas mil pesetas (92.000).

A Coruña, 19 de xaneiro de 1998.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Rector da Universidade da Coruña

542