Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 1998 Páx. 685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia o concurso público 1/1998, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de equipamento de ordenadores persoais para o laboratorio multimedia da ETS de Camiños, Canles e Portos. (Expediente 1002/98).

Convócase a concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de equipamento de ordenadores persoais para o laboratorio multimedia da ETS de Camiños, Canles e Portos.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: catro millóns duascentas mil pesetas (4.200.000).

Garantía provisional: oitenta e catro mil pesetas (84.000).

A Coruña, 19 de xaneiro de 1998.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Rector da Universidade da Coruña

541