Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 1998 Páx. 685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que resolve a anulación do expediente 23-A/1997.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (na súa condición de órgano de contratación), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Socias, resolve a anulación do seguinte expediente:

1. Expediente: 23-A/1997.

2. Categoría do servicio e descricción: categoría 1 -Servicio de mantemento, conservación e reparación dos equipos e instalacións do Hospital de Conxo, por un importe total de 209.080.008 ptas., IVE incluído.

3. Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial das Comunidades Europeas: 5-12-1997.

Boletín Oficial del Estado: 5-12-1997.

Diario Oficial de Galicia: 5-12-1997.

4. Causa da anulación: a contradicción existente na redacción dos pregos rectores do concurso, que provoca a indefinición do obxecto deste, facendo imposible a determinación do contido no que consistirá a prestación.

5. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Contratación

Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36 fax: (981) 53 12 55.

6. Data de envío do anuncio: 20 de xaneiro de 1998.

7. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compsotela, 13 de xaneiro de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral

540