Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 1998 Páx. 687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 346/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 18 de decembro de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación do polígono na zona 6 do SU-39, promovido por Pedro Iglesias Campo.

2. Elixir como sistema de actuación o de compensación ó abeiro do artigo 133 da Lei do solo de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de xaneiro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

179