Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 1998 Páx. 664

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1998 pola que se convocan os aspirantes para solicita-la inclusión nas listas de nomeamentos temporais de médicos especialistas en pediatría de atención primaria de saúde da Comunidade Autónoma galega.

Con data do 20 de xuño (DOG nº 118, do 20 de xuño de 1997), publicouse o pacto sobre nomeamentos temporais de médicos especialistas en pediatría que presten os seus servicios na atención primaria de saúde da Comunidade Autónoma galega. Resolución conxunta do 27 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSIF e CESM, en condición esta última adherida, sobre nomeamentos de médicos especialistas en pediatría que presten os seus servicios na atención primaria de saúde da Comunidade Autónoma galega.

O citado pacto é de aplicación a toda a Comunidade Autónoma galega e afecta os nomeamentos e contratacións temporais do persoal estatutario facultativo especialista en pediatría,ou, se é o caso, médicos xerais que acrediten o diploma de posgraduado en puericultura, con destino en atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

No punto 5 do mencionado pacto prevese unha nova oferta para solicita-la inclusión nas devanditas listas no primeiro trimestre do ano 1998.

Mediante a presente resolución, convócanse os aspirantes, especialistas en pediatría, concedéndoselles ós interesados un prazo máximo de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da data de publicación da convocatoria no DOG, para presenta-la súa solicitude.

Para poder formula-la solicitude os aspirantes deberán acreditar no momento da súa presentación a nacionalidade española ou dun país da Unión Europea, ou se é o caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España.

As solicitudes poderán presentarse en modelo normalizado e coa documentación acreditativa pertinente nas direccións provinciais do Servicio Galego

de Saúde e nas xerencias de atención primaria, no prazo sinalado.

Para xeral coñecemento, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVE:

Acorda-la publicación da convocatoria para solicita-la inclusión nas listas de nomeamentos temporais do persoal estatutario na categoría de médico especialista en pediatría nas distintas áreas de atención primaria de saúde da Comunidade Autónoma galega, nas condicións fixadas no pacto.

Resolución conxunta do 27 de maio de 1997, da Secretaria Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSIF e CESM, en condición esta última adherida, sobre nomeamentos de médicos especialistas en pediatría que presten os seus servicios na atención primaria de saúde da Comunidade Autónoma galega.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1998.

Manuel Silva RomeroValeriano Martínez García

Secretario xeral da ConselleríaDirector xeral de Recursos

de Sanidade e Servicios SociaisHumanos do Servicio Galego de Saúde

562