Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 1998 Páx. 662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998 pola que se convoca un curso sobre tráfico e seguridade vial.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre tráfico e seguridade vial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos: a) Coñece-las normas fundamentais sobre seguridade vial. b) Coñecer con exactitude as funcións da policía local en materia de seguridade vial. c) Clarifica-la actuación da policía local neste tema.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso de quedaren prazas vacantes, ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan para este curso é de 40.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 19 de febreiro, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito levará consigo á exclusión do devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 Polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas: a) Ideas xerais sobre tráfico e seguridade vial. b) A Lei 18/1989, do 25 de xullo, de bases sobre tráfico. c) Real decreto lexislativo 339/90, do 2 de marzo. d) Regulamento xeral de circulación, Real decreto 13/92, do 17 de xaneiro. e) Normas de comportamento no tráfico.

Datas.

O curso celebrarase do 9 ó 13 de marzo de 1998.

O horario será de 16 a 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 26 de febreiro, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

O curso desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade, sita na zona deportivo cultural do Concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, levará consigo a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

564