Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 1998 Páx. 666

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de xaneiro de 1998 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios dos distintos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 26 de decembro de 1995.

Rematados os procesos selectivos convocados polas ordes do 26 de decembro de 1995 (DOG nº 8 e 9, do 11 e 12 de xaneiro de 1996), para o acceso ós distintos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia mediante as ordes do 30 de outubro de 1997 (DOG nº 217, 218 e 219, do 10, 11 e 12 de novembro), polas que se elevan a definitivas as propostas de aspirantes que superaron estes. Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases das convocatorias e celebrado o acto previsto na Orde do 22 de decembro de 1997.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases das respectivas convocatorias de procesos selectivos,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios dos distintos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia, que en cada caso se especifican, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta orde, ordenados, nos correspondentes sistemas de acceso, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destinos provisionais, os que figuran no anexo.

Non obstante o anterior, ós aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna e que en virtude do disposto no artigo 60.3º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, elixen tomar posesión da praza que viñan desempeñando con carácter definitivo cando o nivel desta se atope incluído no intervalo de niveis do corpo e grupo

ó que acceden, adxudícaselle-los ditos postos con carácter definitivo.

Así mesmo, adxudícanselle co mesmo carácter os postos ó persoal laboral que optou por permanecer no seu posto de traballo sempre que reúna os requisitos necesarios.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración pública

301