Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa reunión con data do 9 de decembro do ano 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da unidade de execución número 8 A das normas subsidiarias municipais, presentado por Moubar, S.L. e outros, e que redactou o arquitecto Marcial Mosquera Lorenzo.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte a última publicación do presente acto, segundo o establecido no artigo 58.3º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, o que se lle

deberá comunicar previamente a este concello, segundo o establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cambre, 26 de decembro de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

486