Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación para a adquisición dun camión de reparación do firme.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Obxecto do contrato: a adquisición dun camión de reparación do firme.

Característica: as indicadas no prego de condicións.

Prazo de entrega: tres meses.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Tipo de licitación: 15.400.000 ptas.

Garantía provisional: 308.000 ptas.

Garantía definitiva: 616.000 ptas.

Obtención de documentación: na Secretaría Xeral.

Información: chamando ó Concello da Estrada, Tlf. 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, nos vinteseis dáis naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG.

Documentos que hai que presentar:

Sobre A: proposición económica adaptada ó modelo.

Sobre B: descrición das características do vehículo que se oferta. Garantías do vehículo. Documento que acredite a personalidade do empresario; de ser persoa xurídica xuntarase poder verificado na súa suficiencia polo secretario da corporación. Resgardo acreditativo da constitución da fianza provisional. Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha das prohibicións para contratar enumeradas no artigo 20 da LCAP. Certificado de estar ó corrente nas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

Apertura dos sobres de documentación, en acto público ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. A valoración do concurso levarase a cabo con posterioridade.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Modelo de proposición: D/Dª..., maior de idade, veciño/a... con enderezo en... con DNI nº... en nome propio (ou en representación de...) coñecedor do concurso tramitado para adxudica-la adquisición dun camión de reparación do firme para o Concello da Estrada, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de cláusulas administrativas e nas seguintes condicións: marca e modelo... prezo...; prazo de garantía e extensión desta...; melloras ofertadas...(lugar, data e sinatura).

A Estrada, 15 de xaneiro de 1998.

O alcalde

Rubricado

136