Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización A Metalúrxica. (Expediente 4028/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 19 de decembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización A Metalúrxica, formulado pola entidade Ifer Hotel, S.L., e redactado polo arquitecto Víctor Collazo López con data de visado polo COAG do 28 de novembro, 9 e 12 de decembro de 1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello.

Indícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 30 de decembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo