Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/253-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Esteiro.

Situación: Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 12/20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo

R.H.V., desde o apoio 59 da L.M.T. ó C.T. Cemiterio, rematando no C.T. que se proxecta en Esteiro, concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 250 kVA, relación de transfromación 20 kV-380/200 V. R.B.T. aéreo-subterránea, de 220 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón e 40 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 10 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

325