Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/229-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío instalacións eléctricas na estrada Arbo-Crecente.

Situación: concellos de Arbo e de Crecente.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.287 m de lonxitude, 720 m con conductor tipo LA-110 sobre apoios metálicos e de formigón e 567 m con conductor tipo LA-56, desde a variante L.M.T. a C.T. Cequeliños apoio número 41 rematando no C.T. que se proxecta en Cequeliños. A variante L.M.T. Frieira-Arbo apoio número 38 da actual L.M.T., rematando no apoio número 48. A variante L.M.T. a C.T. Moreira apoio número 39 da L.M.T. Frieira-Arbo, rematando na variante da L.M.T. Moreira. A variante da L.M.T. o C.T. Ponte Ribadil apoio número 3, rematando no apoio número 5 da actual liña, concellos de Arbo e de Crecente. R.B.T. aérea, de 2.045 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV/400-231 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 9 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

243