Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/16-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Matalobos.

Situación: concello da Estrada.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 487 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. existente ó C.T. de Matalobos, rematando no novo C.T. que se proxecta en Matalobos, concello da Estrada. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV 398/230 V. R.B.T. aérea, de 570 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de fibra de vidro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 5 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

244