Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1998 pola que se declara deserto o concurso aberto convocado para a adxudicación, en réxime de concesión, da explotación do servicio de hostelería no edificio do antigo parador de Portomarín (Lugo).

Por Resolución con data do 12-1-1998, do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13-12-1993, resolveu declarar deserto o concurso público, convocado por Resolución do 3 de decembro de 1997 desta consellería, para a adxudicación, en réxime de concesión, da explotación do servicio de hostelería no edificio do antigo parador de Portomarín (Lugo), xa que non foi admitida a única oferta presentada.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

246