Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 607

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de xaneiro de 1998 pola que se clasifica como mixta a Fundación para el Desarrollo Local de Culleredo (Fundescu).

Visto o expediente de clasificación da Fundación para el Desarrollo Local de Culleredo (Fundescu), con domicilio en Culleredo.

Supostos de feito.

1. Julio Sacristán de Diego, na súa calidade de presidente da fundación, en escrito do 11 de xullo de 1997, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o día 2 de xullo de 1997, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, Ramón González Gómez, co número tres mil trescentos corenta e oito do seu protocolo, por Julio Sacristán de Diego que intervén en nome e representación do concello de Culleredo.

3. Segundo consta no artigo sete dos seus estatutos, o obxecto da fundación é impulsa-lo desenvolvemento estructurado do concello de Culleredo e facilitar unha acción coordinada do concello, institucións, entidades, empresas e asociacións da comarca.

4. O padroado da fundación estará constituído por Julio Sacristán de Diego como presidente, Celestino Poza Domínguez como vicepresidente, Ricardo Seoane Candamio como tesoureiro, Javier Varela Tejedor como secretario e José Luis García Gorostizu, Narciso Marzoa Martínez e José Luis Martín Palacín como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como mixta da Fundación para el Desarrollo Local de Culleredo (Fundescu), dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os

requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como mixta e a súa adscrición á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día trece de outubro de 1997.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como mixta a Fundación para el Desarrollo Local de Culleredo (Fundescu) e adscribila á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia

e Administración Pública

465