Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 607

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 18/1998, do 16 de xaneiro, polo que se nomean varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño (DOG nº 133, do 12 de xullo), pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse como membros, titulares ou suplentes, do Consello Económico e Social de Galicia, de acordo coa proposta da organización que se sinala, as persoas seguintes:

Confederación Intersindical Galega.

Titular: Manuel Mera Sánchez.

Suplente: Luís Burgos Díaz.

Santiago de Compostela, dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

539