Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 582

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (208/1997).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifica: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo

de separación número 208/1997, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre separación, seguidos neste xulgado baixo o nº 208/1997, por instancia de María Teresa Sobradelo Creo, representada polo procurador Cuns Núñez e defendido pola letrada Sánchez Garrido contra Leyson Valentín Guillén Valdivieso, declarado en rebeldía procesual, e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Cuns Núñez, en nome e representación de María Teresa Sobradelo Creo, contra o seu esposo Leyson Valentín Guillén Valdivieso, declarado en rebeldía procesual, e decreto a separación de ámbolos cónxuxes cos efectos legais inherentes ó dito pronunciamento e sen facer condena en canto ás custas procesuais.

Notifíqueselle a presente resolución ó demandado rebelde nalgunha das formas legalmente previstas.

Contra a presente cédula resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación.

En canto sexa firme, comuníqueselle de oficio ó Rexistro Civil no que conste inscrito o matrimonio dos litigantes.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia interior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Leyson Valentín Guillén Valdivieso, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

135