Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 582

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (167/1997-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 167/1997-10 por instancia de María Mercedes Sánchez Sánchez, contra Herminio González Rodríguez, e nas súas actuacións se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 167/1997, sobre ameazas, no que foron partes, como denunciante, María Mercedes Sánchez Sánchez e como denunciado, Herminio González Rodríguez.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Herminio González Rodríguez da falta pola que foi denunciado neste procedemento e se declaran de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación, coa forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da cal se levará testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro des sentencias deste xulgado, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e lle sirva de notificación a Herminio González Rodríguez, expido e asino en Santiago de Compostela o vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

134