Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de xaneiro de 1998 pola que se autoriza a permuta dos puntos de fondeo entre as bateas San Cayetano número 18 e Otero 2.

Visto o expediente instruído por petición de Luis Escalante Rodríguez, con NIF nº 76.835.228-W e Luisa Otero Padín, con NIF nº 35.387.550-A, polo que solicitan permuta-los puntos de fondeo entre los viveiros:

Nome do viveiro: San Cayetano nº 18.

Titular: Luis Escalante Rodríguez.

Situación: O Grove, polígono H, cuadrícula nº 35.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 12-5-2001.

E

Nome do viveiro: Otero 2.

Titular: Luisa Otero Padín.

Situación: O Grove, polígono E, cuadrícula nº 77.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 22-12-2005.

Tendo en conta os informes da Subdirección Xeral de Protección de Recursos, e por proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, conforme

cos artigos 11 e 12 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería, resolve acceder á permuta dos puntos de fondeo solicitada, quedando a situación e vixencia dos viveiros no orde seguinte:

Viveiro: San Cayetano nº 18.

Titular: Luis Escalante Rodríguez.

Situación: O Grove, polígono E, cuadrícula nº 77.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 22-12-2005.

E

Viveiro: Otero 2.

Titular: Luisa Otero Padín.

Situación: O Grove, polígono H, cuadrícula nº 35.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 12-5-2001.

Os traslados das bateas ás novas situacións contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia.

O fondeo realizarase no prazo máximo de seis meses contados desde a publicación da presente orde.

A data de fondeo será comunicada con antelación suficiente á Delegación Comarcal desta consellería en Vilagarcía de Arousa, para os efectos de que este se realice baixo a supervisión e control de persoal técnico da Subdirección Xeral de Protección de Recursos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo na forma e prazo previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 1997.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

73