Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/345-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Domicilio social: Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, Est. 6, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. interconexión Laracha I-Laracha e derivacións.

Situación: Laracha (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.677 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. Centulle-Xesta-Pazos e L.M.T. Fonteseca-Orxeiras-Vilar de Bois. Ramal que parte da L.M.T. anterior de 65 m e final no C.T. Gosende que se vai construír de 25 kVA. Ramal que parte

da L.M.T. principal de 267 m e final no C.T. Vilar que se vai construír de 50 kVA. Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de decembro de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

98-201