Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/404-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Castro Restande.

Situación: Trazo.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,459 km con orixe na L.M.T. Abelenda (expediente 51164) e final no C.T. Castro Restande, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón e chapa. C.T. de 50 kVA 20.000/380-220 V en Castro. R.B.T. aérea de 0,555 km con orixe no C.T. Castro Restande, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

98-10507