Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/414-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Alqueidón-Os Ánxeles.

Situación: concellos de Ames e Brión.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV de 1.275 km con orixe na L.M.T. a C.T. Os Ánxeles, e final no C.T. Mahía 154 (Expte. en tramitación), en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. L.B.T. aérea de 1.405 km con orixe nos C.T. Adoufe-Guitiande-Os Ánxeles, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de decembro de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

98-199