Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/394-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: instalación de L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Castro-Casas Baratas.

Situación: Sobrado.

Características técnicas: liña L.M.T. a 15/20 kV de 0,2 km con orixe no apoio que se intercalará no nº 2 e 3 da L.M.T. ó C.T. Mosteiro de Sobrado, e remata no apoio nº 4 que se substituirá da liña L.M.T. ó C.T. de mosteiro de Sobrado, en conductor R.H.V-12/20 kV 3x95 Al. C.T. prefabricado de 160 kVA 15.000/380-220 V nas casas baratas. Rede de baixa tensión subterránea de 0,155 km con orixe no C.T. Castro-casas baratas, en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x240 Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

215