Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: instalación R.B.T. de Torno.
Situación: Noia.
Características técnicas: liña R.B.T. aérea de 2,22 km con orixe no primeiro apoio de baixa tensión, en conductor R.Z. Rede de baixa tensión subterránea de 0,135 km con orixe no C.T. estrada de Argalo, en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x240 Al.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 9 de decembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
216