Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/393-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Gasolineira-Telleira.

Situación: Melide.

Características técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,335 km con orixe na L.M.T.S. Avda. de América-Gasolineira e final no C.T. Campo da Feira, conductor 2 R.H.V.-12-20 kV 3x240 Al. L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,29 km con orixe no C.T. Campo da Feira e final no C.T. Mercado, en conductor 2 R.H.V-12/20 kV 3x240 Al. L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,255 km con orixe no C.T. Mercado e final no apoio nº 1 proxectado da L.M.T. a C.T. Canteira, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x95 Al. C.T. prefabricado de 250 kVA en rúa Rosaleda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

214