Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 532

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (76/1997).

No procedemento de referencia dictouse a resolución cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o doce de decembro de mil novecentos noventa e sete. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, vistos os presentes autos de menor contía 76/1997, seguidos neste xulgado, entre partes, dunha, como demandante, entidade mercantil Granitos de Xallas, S.L., coa procuradora María Rita Goimil Martínez e doutra, como demandados, Ángel Darío Lago Rodríguez, Francisco Javier Lago Rodríguez, Ana Fernández Horcajada, Silvia Nuria Taboada Bartumeu, E.C. Marítimo, S.L. e Proin Lago Empresa Constructora, S.L., sobre menor contía e, decido:

Que, estimando a demanda presentada pola procuradora Rita Goimil Martínez, en nome e representación de Granitos de Xallas, S.L., contra Ángel Darío Lago Rodríguez, Francisco Javier Lago Rodríguez, Ana Fernández Horcajada, Silvia Nuria Taboada Bertumeu, E.C. Marítimo, S.L. e Proin Lago Empresa Constructora, S.L., debo condenar e condeno ós demandados ó pagamento á demandante da suma de doce millóns oitocentas corenta e nove mil catrocentas oitenta e cinco pesetas (12.849.485 ptas.) á que foi condenada a mercantil Marítimo Terrestre de Construcciones, S.L., para o pagamento do principal reclamado pola demandante, así como a suma de trescentas setenta e cinco mil trescentas

oitenta e dúas pesetas (375.382 ptas.), pagamento ó que foi igualmente condenada polos gastos bancarios que, por devolución de efectos, lle foron causados á demandante, mailos xuros legais incrementados en dous puntos desde a presentación da demanda que deu orixe ó xuízo de menor contía que baixo o número 195/1994 se tramitou neste mesmo xulgado ata o seu total e cumprido pagamento, xunto coas custas daquel procedemento e dos seus incidentes.

Todo iso con expresa imposición ós demandados das custas procesuais causadas no presente proceso.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Javier Lago Rodríguez, expídese a presente cédula para que lle sirva de notificación.

Santiago de Compostela, dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e sete.

O/A secretario/a

Rubricado

212