Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 532

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (285/1997).

Elisa Lago Moira, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de xuízo declarativo de menor contía nº 285/1997, se dictou sentencia con data do 18 de decembro de 1997, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado co nº 285 de 1997, entre partes, dunha, como demandante, Ramón Tuñas Lores, representado en autos pola procuradora Goimil Martínez, asistido do letrado Torreiro Santiso e, doutra, como demandado, calquera persoa que poida considerarse con interese ou afectada polos temas que se formulan, non comparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre declaración de dereito de propiedade.

Decisión:

Declaro que no inmoble sito na rúa do Peso nº 2 de Santiago de Compostela, onde radica unha hospedaxe-bar-club, que viña posuíndo ininterrompidamente durante máis de 30 anos Argimiro Tuñas Lourido, falecido, é propiedade que forma parte do seu caudal relicto, ó ser adquirido por prescrición adquisitiva, e que pasará á propiedade dos seus herdeiros ou habentes causa, segundo testamento do 13 de abril de 1988 ante o notario de Santiago de Compostela, José Antonio Moreno Pardo, tan pronto como estes acepten a herdanza e se adhiran a ela, o que pode facerse de maneira extraxudicial, sen prexuízo da súa constancia en execución de sentencia, por instancia de parte.

Non se fai expresa imposición de custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación a calquera persoa que poida considerarse con interese ou afectada polos temas que se formulen, expido o presente edicto , que asino e selo en Santiago de Compostela, vintenove de decembro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

76