Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 531

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPREMO (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO)

CÉDULA de notificación (7030/1991).

No recurso de casación para a unificación de doctrina número 2313/1993, interposto por Exdin, S.A., contra a sentencia do 7 de novembro de 1992 dictada pola sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en recurso número 7030/1991, dictouse sentencia coa parte dispositiva que di:

«Resolvemos que debemos declarar e declaramos non haber lugar ó recurso de casación para unificación de doctrina interposto pola entidade mercantil Exdín, S.A. contra a sentencia dictada pola sección terceira da sala desta xurisdicción do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 7 de novembro de 1992, ó coñecer do recurso contencioso-administrativo deducido pola expresada sociedade contra o acordo da Comisión de Goberno do Concello de Vigo (Pontevedra), do 15 de febreiro de 1991, estimatorio en parte do recurso de repo

sición formalizado contra as liquidacións xiradas nos expedientes P.V. 3601/1988 e 3602/1988, en concepto de imposto sobre o incremento do valor dos terreos, e tratado co número 7030/1991, con imposición das custas producidas á parte recorrente por imperativo legal. Así, por esta nosa sentencia, firme, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Asinado e rubricado polos maxistrados anotados na marxe.

E para que lle sirva de notificación á entidade Exdin, S.A., e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Madrid o dez de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

98-0077