Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 531

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO 2º)

EDICTO (B-189/1997).

Polo presente edicto faise público, para lle dar cumprimento ó acordado polo conselleiro de contas mediante providencia con data do 22 de decembro de 1997, dictada no procedemento de reintegro por alcance B-189/1997, corporacións locais, Lugo, que neste tribunal se segue procedemento de reintegro contra Manuel Sánchez Castilla, recadador da zona de Monforte de Lemos en Lugo, por un presunto alcance de duascentas mil pesetas (200.000 ptas.).

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos, en forma, dentro do prazo común dos nove días seguintes ó da publicación deste edicto.

Dado en Madrid o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Javier Medina Guijarro

Director técnico

9950