Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de decembro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea de cultivo de mexillón denominada Álvarez número 2, a favor de Juan Carlos e Ernesto Ozores Hermo.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Álvarez nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Ribeira C, cuadrícula 22.

Data da concesión: 30-10-1964.

Data do remate da última prórroga: 14-5-2005.

Anteriores concesionarios: Ernesto Ozores Fajardo e Carmen Hermo Fernández.

Novos titulares da concesión e batea: Juan Carlos e Ernesto Ozores Hermo.

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das diposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 11 de decembro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña