Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de decembro de 1997 pola que aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada G.O. número 2, a favor de Carmen Places Otero.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, (DOG nº 101, do 31-5-1993), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21-11-1996), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondiente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas e á vista do informe favorable do Servivio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamado a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: G.O. nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 70.

Data da concesión: 5-11-1976.

Data de finalización da última prórroga: 3-12-2006.

Anterior concesionario: Ramón Dieste Rodríguez.

Novo titular da concesión e batea: Carmen Places Otero.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixente que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 26 de decembro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Mª José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña