Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de decembro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea de cultivo de mexillón denominada Asados número 1, a favor de Manuel Suárez Nieto e Blanca Rafaela Otero Molanes.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, de 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 1'1, do 31-5-1993) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, procla

mando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Asados nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 179.

Data da concesión: 3-10-1975.

Data de finalización da última prórroga: 3-8-2005.

Anteriores concesionarios: Enrique Ordóñez Alcalde, Rafael Ordóñez Bravo e Carmen Alcalde Neira.

Novos titulares da concesión e batea: Manuel Suárez Nieto e Blanca Rafaela Otero Molanes.

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 11 de decembro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña