Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se corrixe erro material no prego de prescricións técnicas e se establece un novo prazo de presentación de ofertas para a contratación da xestión da residencia para persoas maiores de Bande (Ouense) en réxime de concesión.

Visto o expediente de contratación por concurso público para a xestión da residencia de maiores de Bande, resulta:

Que advertido erro material no prego de prescricións técnicas que rexe na citada contratación publi

cada no Diario Oficial de Galicia nº 249, do 26 de decembro de 1997, e do que se poden derivar prexuízos para os interesados acordo face-la seguinte corrección:

Primeiro.-A folla nº 2 do prego de prescricións técnicas para a contratación da xestión da residencia de maiores de Bande debe ser substituído pola que corresponde en función da licitación, e que estará á disposición dos licitadores na Subdirección Xeral de Administración e Inspección (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, Tel.: 54 56 77).

Segundo.-Prazo presentación ofertas: establécese un novo prazo de presentación de ofertas que será de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación desta resolución no DOG.

Terceiro.-A apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de ofertas. En caso de coincidir en sábado ou festivo a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais