Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 15 de decembro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Parada (Ordes-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Parada (Ordes-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 209/1991, do 13 de xuño (DOG nº 118, do 21 de xuño de 1991), que a xunta local da zona, na súa reunión do 12 de decembro de 1997, aprobou as bases definitivas, que estarán expostas o público no Concello de Ordes e na zona, durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidad co que determinada a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro (predios da

periferia que se incluíron ou excluíron, superficies que se exceptúan por ser de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fisación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e a determinación de propietarios e titulares de gravamés e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria dentro do prazo de trinta días antes sinalados, na Xefatura de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facendo constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

A Coruña, 15 de decembro de 1997.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento

Rural da Coruña

Visto e prace

P.O.

Ofelia Rivas Vázquez

Secretaria provincial da Coruña