Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas pola instructora, nos expedientes sancionadores de epizootias que se citan. (Expediente 183SA/96 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción á Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), modificado, entre outros, por Real decreto 1665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que conste no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, para a resolución do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 5 de xaneiro de 1998.

P.O.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 183SA/96.

Denunciado: Gigirey Mugico, Enrique.

DNI: 33.018.421.

Último enderezo coñecido: Garabal, 49-San Caetano, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

Feito denunciado: non realiza-la campaña de saneamento gandeiro.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 209.3º en relación co artigo 1 da Orde do 27-4-1994.

Sanción proposta: 100.000 ptas.

Expediente: 080SA/97.

Denunciado: Pérez Trinidad, Ramón.

DNI: 32.664.752.

Último enderezo coñecido: rúa Lobo Montero, 7, 15588 Narón (A Coruña).

Feito denunciado: atopoarse no mercado de gando cunha vaca sen cualificación sanitaria, sen repectarse ademais a inmobilización decretada na súa explotación.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: Inmob: 224 en relación co artigo 7.5º, Orde do 27-4-1994. Cualif: 224 en relación co artigo 14 da Orde do 27-4-1994.

Sanción proposta: 75.000 ptas.

Expediente: 109SA/97.

Denunciado: Pallas Suárez, Jorge.

DNI: 76.365.175.

Último enderezo coñecido: rúa Faro, 42-3º I Dta., 15145 Laracha (A Coruña).

Feito denunciado: atoparse no mercado de gando cun tenreiro sen identificar.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 224 en relación co artigo 4.2º da Orde do 4-4-1997.

Sanción proposta: 15.000 ptas.