Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias. (Expediente 195SA/97 e 208SA/97).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordos de inciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instrutora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta

notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 30 de decembro de 1997.

P.O.

Ofelia Rivas Vázquez

Secretaria provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 195SA/97.

Denuciado: Carmen Tojo, Manuel.

DNI: 33.177.169.

Último enderezo coñecido: Naeully, 15886 Teo (A Coruña).

Feito denunciado: atoparse no mercado de gando cun animal bovino indebidamente identificado.

Tipificación da infracción. Regulamentos de epizootias: 224 do Regul. en relación cos artigos 4 e 5 Real decreto 205/1996 e artigo 4 da Orde 4-4-1997.

Sanción proposta: 10.000 ptas.

Expediente: 208SA/97.

Denunciado: Liste Gago, Manuel.

DNI: 76.327.323.

Último enderezo coñecido: Xeneral Mola, 12-1º, A Coruña.

Feito denunciado: atoparse no mercado de gando cun animal bovino sen identificar.

Tipificación da infracción. Regulamentos de epizootias: 224 do Regul. en relación cos artigos 5 e 6 Real decreto 205/1996 e artigos 4 e 20 da Orde 4-4-1997.

Sanción proposta: 10.000 ptas.