Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación elétrica que se cita. (Expediente IN407A 97/216-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peticición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante:Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. urbanización Liáns-Coruxo.

Situación: municipio de Oleiros (A Coruña).

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 KV baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 KV de 3(1x240) mm Al, de 436 m de lonxitude, con orixe no C.T. urbanización Liáns (Expte. 51025) e final no C.T. Coruxo (Expte. 50777), reforma do C.T. Líans e R.B.T. subterránea baixo tubo de 64 m Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña