Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407 A97/208-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1996, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Cabanas Reventa M. Leira.

Situación: Cabanas (A Coruña).

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 KV de 1.150 m de lonxitude que une o C.T.C. de Cabanas e a torre metálica existente da L.M.T. Cabanas Franza xunto C.T. San Martiño de S.M. Leira en conductor R.H.V. de 240 mm Al e reforma do C.T. Cabanas. Minicipio de Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña